AMARANTE Setem e o Sindicato Labrego organizan o Dia Internacional do Comercio Xusto 2012
Para dar a coñecer e compartir a cidadanía outro xeito de consumo e a alimentación e outro modelo de comercio internacional,
convidámosvos a participar das actividades dende
o 5 ata o 16 de maio en Pontevedra, Santiago e Ribadeo.
Entre as actividades teremos: mercados transparentes e mercadiños de troco, conferencias, teatro de degustacións de produtos de comercio xusto.
60 Cafeterías de Pontevedra e de Santiago no Barrio de San Pedro terán café de comercio xusto nos seus locais o 12 de maio en apoio o día do comercio xusto
Co lema “Café con leite amargo. Fronte a PAC, Soberanía Alimentar e Comercio Xusto”, a Asociación AMARANTE Setem e o SINDICATO LABREGO GALEGOorganizan a Semana Galega de Comercio Xusto cunha serie de actividades enSantiago, Pontevedra e Ribadeo para visibilizar o impacto negativo das políticas agrarias internacionais nos labregos e labregas e nas persoas consumidoras tanto no Norte, e en concreto en Galicia, como no Sur. Nesta actividade tamén participan colectivos comoVerdegaia ou a Cooperativa de consumo de Pontevedra A Gradicela.
A profundización dun mercado liberal onde as políticas cómplices dos gobernos apoian ás multinacionais da industria e da distribución agroalimentaria están levando á ruína a miles de explotacións ó redor do mundo e ou mantendo na pobreza e a explotación a miles de persoas. Ademáis de favorecer alimentos pouco saudables e a degradación medioambiental en prol dos grandes beneficios coa repercusión que ten na saúde das persoas.
Nestes momentos, as institucións europeas, estatais e autonómicas están inmersas no proceso de debate para a reforma da política agraria común (PAC). É un bo momento para poñer as bases para inverter a situación e poñer en marcha unha nova no marco da Soberanía Alimentaria.
O Comercio Xusto garante un prezo estable aos grupos produtores e superior ao do mercado, que non se produce explotación laboral de nenos e nenas. O salario e as condicións laborais son equitativos para os traballadores e traballadoras, e poténciase a participación da muller nos órganos de decisión; e as técnicas de produción son ecolóxicas, non se empregan sustancias sintéticas ou transxénicas. Deste xeito, respéctanse os ciclos da terra e a sostibilidade do ambiente.
Tedes máis información na web de Amarante : http://www.amarantesetem.org/
No hay comentarios:
Publicar un comentario