Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades. Mostrar todas las entradas

18 mar 2013

¿Qué significa querer aos nosos fillos?



CHARLA - COLOQUIO ¿QUE SIGNIFICA QUERER AOS NOSOS FILLOS?

Nuria Sánchez é pedagoga e educadora infantil da aula de innovación educativa da asociación CREARTE na cidade de Pamplona.

MARTES 26 DE MARZO ÁS 18:30H. ENTRADA LIBRE ATA COMPLETAR AFORO.

¿Onde? CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE "GUILLERMO ROVIROSA". Rúa do Home Santo 47, baixo.

26 feb 2013

Heroína


Toda Revolución comeza desde abaixo 
(Carmen Avendaño).

O amor dunha nai é moi forte... o amor de varias nais asociadas foi político e eficaz. Está é a historia de Nais contra a droga... contada a través do cine e dos ollos dun director.
O martes pasado estivemos con Carmen Avendaño coñecendo de primeira man a súa historia... este MARTES 26 ÁS 20H quedaremos para ter un coloquio en torno á película que quixo plasmar aquilo...
É necesario xerar espacios de diálogo, espacios de liberdade e de loita solidaria... por iso estás convidado a ver con nós esta película... ¡¡¡Corre a voz!!!! Esta vez non hai carteis... só o boca a boca...



HEROÍNA

2005; 110 min.
DIRECTOR: Gerardo Herrero; GUIÓN: Ángeles González - Sinde; REPARTO: Adriana Ozores, Javier Pereira, Carlos Blanco, María Bouzas, Mercedes Castro.
SINOPSE: 
En la década de los 80, Pilar, una mujer madura, casada y muy corriente, descubre que uno de sus tres hijos es adicto a la heroína. Después de un período inicial de incertidumbre, entra en contacto con otros padres que se encuentran en una situación similar y que acuden a un precario centro municipal de ayuda al toxicómano.Muy pronto se da cuenta de que para salvar a su hijo son muchas las cosas que tienen que cambiar tanto fuera como dentro de casa. Así es como emprenderá junto con otros padres, pero, sobre todo, madres, una ardua campaña de denuncia del narcotráfico en Galicia.

¿Onde?
Casa de Cultura e Solidariedade, Rúa do Home Santo 47 baixo (preto da estación de buses e da Praza Iqbal Masih)

¿Cando?
Martes 26 de febreiro ás 20h.

5 feb 2013

Encontro con Carmen Avendaño

O vindeiro Martes 19 de febreiro contamos con Carmen Avendaño na Casa de Cultura e Solidariedade.

Carmen Avendaño é Presidenta da Fundación "Érguete" e puxo en marcha nos anos 80 unha experiencia de loita contra o narcotráfico en Galicia "Nais contra a droga".

24 oct 2012

Mercado do Caracol


Lembras esa cafeteira en perfecto estado que esmorece nun armario da túa casa? Esa lámpada que realmente nunca conseguiches encaixar na túa sala? E aqueles patíns tan lindos? A bici estatica-percheiro?… Fai inventario, simplifica a túa vida e trae contigo todas esas cousas pois aqui poderás vendelas, trocalas ou mesmo regalalas.


Soñas con renovar a túa mesiña de noite cunha lámpada resultona e eficiente? Gustaríache equipar mellor a túa cociña? Tes grandes proxectos para este curso e precisas accesorios deportivos?… Este é a túa oportunidade.

Que algunha das túas trapalladas é grande? Trae a unha foto e poderás atopar quen o necesite.

Buscas… pero non sabes moi ben que? Leva a túa lista, porque nas nosas casas hai moitas cousas durmindo polas esquinas que mellor estarían noutro fogar.
… e aínda poderás redescubrir unha zona do barrio e os seus establecementos comerciais.

A cita é o sábado 27 de outubro na Rúa do Home Santo, das 11 ás 14h.

21 sept 2012

Curso de monitor de tempo libre


Actualmente atópase aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso de monitor de tempo libre que se realizará no Centro Don Bosco en Santiago de Compostela.

más