21 sept 2012
Curso de monitor de tempo libre
Actualmente atópase aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso de monitor de tempo libre que se realizará no Centro Don Bosco en Santiago de Compostela.
más
20 sept 2012
Peace Maker
Un pequeño avance: Didier Drogba, en este video pidiendo la paz para Costa de Marfil, nos acompañara en el número de octubre de CALDOdeGALLINA.
19 sept 2012
¡Alégrame el día! Tommy Torres y Paco
Una historia alegre y creativa. Tommy Torres es un compositor y cantante puertorriqueño bastante famoso (ha compuesto para Alejandro Sanz, Ricky Martin, Ricardo Arjona, Paulina Rubio...). La cuestión es que recibió un mail de un fan, Paco (bueno, realmente dos), pidiéndole que le ayudara con una chica. Lo realmente increíble es cómo le contestó el músico. Os dejamos aquí ambas cosas, el mensaje y la respuesta.
Leed y mirad el vídeo…
Fuente: La Criatura Creativa
18 sept 2012
Banco de tempo Fervello
Hai case un ano
empezou a funcionar en Santiago o banco de tempo Fervello. Falamos con Ángel
Montero, un dos seus administradores.
Que é un banco de
tempo?
Un banco de tempo
é basicamente un intercambio de servizos entre persoas onde a única moeda é o
tempo que se emprega para realizar eses servizos. Intercámbianse servizos de
todo tipo, salvo aqueles que impliquen nocturnidade, insalubridade ou riscos, e
en principio calquera persoa pode participar.
Cal é a filosofía
que hai detrás desta idea?
A filosofía é que
todos podemos axudar a outras persoas e outras persoas poden axudarnos a nós. O
banco de tempo posibilita crear lazos entre persoas que doutro xeito non se
coñecerían, coa idea de fondo de que todo o mundo ten algo que ofrecer. Hai
xente que non se sinte capacitada para axudar a outras persoas, e o que se
quere transmitir a través do banco de tempo é que todos somos necesarios para
os demais, todos temos a capacidade de ensinar a outros e podemos ser altruístas
todos os días, no noso tempo libre. Calquera cousa que se ofreza é importante,
o traballo de todos vale o mesmo, porque vale o mesmo o tempo de lecer dun
médico que dun parado, é igual de útil e valioso para outras persoas.
Como xurdiu a idea
de montar un banco de tempo en Santiago?
Xurdiu no seo de
Panxea. Un dos socios propuxera a posibilidade de crealo e logo entre varios fomos
mirando outros bancos de tempo, cómo funcionaban, e intentamos adaptalo aquí,
limitándoo a Santiago e comarca. Presentámolo nunhas xornadas da Universidade
de Santiago nas que había un grupo de profesores e traballadores da USC que
tamén querían montar un banco de tempo, así que chegamos a un acordo con eles
para colaborar e que puidesen utilizar o noso sistema.
Como funciona?
A través da páxina
web http://fervello.wadobo.com/ os participantes
ofrecen e demandan servizos e póñense en contacto entre eles. As horas de
duración dos servizos realizados vanse contabilizando. Hai un número máximo de
horas en positivo e de horas en negativo, de tal xeito que a xente que demanda
moitas cousas non se aproveite doutros, e que todas as persoas se vexan na
obriga de ofrecer un servizo, inda que pensen que non poden, que caian na conta
de que sempre lle poden prestar a súa axuda a alguén. Así, todo o mundo parte
dun saldo cero cando entra no banco, e sempre se intenta ficar nese equilibrio
cero, que significa que se ofrecen tantos servizos como se demandan. Cando
alguén se achega ao límite recibe un e-mail para que reaccione e reequilibre a
súa conta.
Que hai que facer
para poder participar?
Só hai que
rexistrarse na páxina web e pór os datos persoais, describir quen es, por que
te apuntas, que é o que buscas no banco. Os administradores valoran a petición
e a partir de aí podes ofrecer e demandar servizos.
Como valorades o
funcionamento ata o de agora? Vedes interese?
No ano que levamos
funcionando conseguimos ter preto de 70 persoas activas. No verán houbo un
parón, porque moitos dos nosos usuarios son estudantes. Agora co comezo das
clases a actividade volverá a pórse en funcionamento e agardamos que aumente o
número de usuarios.
Agora mesmo
estamos pendentes de que se monte un comedor social do Foro de Inmigración e a Plataforma
de Desempregados de Santiago, que queren empregar o banco de tempo para
“cobrar” o servizo de comedor. A comida sería gratis para todo o mundo, pero o servizo
de comedor habería que pagalo, o que se podería facer prestando servizos a
través do banco de tempo, como varrer, arranxar cousas... É un xeito de que a
xente se valore a si mesma, o que pode ofrecerlle aos outros, e valore tamén o
que os demais lle ofrecen.
Ángel Montero é
socio da Asociación para o Comercio Xusto e Solidario Panxea.
14 sept 2012
Interrail
Agora que xa remataron as vacacións, imos lembrar viaxes pasadas: Moitos aprenderon co Interrail a cruzar fronteiras.
12 sept 2012
Todos los meses en la calle
No hay gallina ponedora, que ponga un huevo cada hora.
Por eso CALDOdeGALLINA una vez al mes.
En Octubre nos vemos
en la calle.
Ah caraca!
11 sept 2012
¡Alégrame el día¡ Si se quiere se puede
“Si se quiere se puede” es una red de colaboración y sensibilización con la discapacidad y, concretamente, con el deporte discapacitado, a través de la música, la cultura y la acción social.
más
más
9 sept 2012
La escafandra y la mariposa
Pechado nun escafandro un pode aprender a ollar o mundo, e mesmo a falar
cun ollo – e tamén coa ollada. E voar coma unha bolboreta.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



