7 sept 2012

Comida basura



Na prensa falan dun colectivo co nome de Comida Basura: unha vez ao mes saen ás rúas de Madrid a rebuscar entre a comida que tiran os supermercados. Recollen a que está en bo estado e con ela fan ao día seguinte un xantar popular nunha praza pública. Comida basura é a fast food, a comida rápida. Fronte a ela naceu o movemento da slow food, que quere gozar da comida e da vida, saboreala. E saborear é facer da comida un lugar de diálogo, de encontro, de construír algo xuntos, de compartir, que sexa un momento de comuñón. Como cando Xesús multiplicou os cinco pans e os tres peixes, e así, daquilo que non semellaba nada, comeu toda unha multitude. Como que nunha praza de Madrid cen persoas coman xuntas co que outros tiraron ao lixo. Un darlle a volta á comida basura.

más

No hay comentarios:

Publicar un comentario