15 jun 2012

Coñecer para cambiar, 20 xuño excelente documental






Trailer:  "Medicamentos, un derecho secuestrado" 

Que obxectivo buscades ao organizar este ciclo de cinema?
Pois un obxectivo é difundir documentais que non entran nos circuítos comerciais, facilitar o acceso a outros tipos de creacións que, ademais do valor artístico, teñan unha mensaxe. Pero a finalidade principal é crear un marco no que reflexionar sobre temas de carácter social como a Ecoloxía, as relacións laborais, cuestións de xénero..., sempre dende unha perspectiva plural, que
abranga tanto os países do Norte coma do Sur.
Despois da proxección da película unha persoa vencellada ao tema que se trata introduce o debate, que concibimos coma un espacio de diálogo e apertura no que compartir impresións, ideas, opinións, algo que sempre é enriquecedor, porque che permite pór en relación o teu punto de vista co doutras persoas. Tamén o feito de que sexamos varias as asociacións que organicemos o ciclo de cinema entendémolo neste sentido, como un crear lazos de colaboración, romper co individualismo, a escisión da nosa sociedade, construír proxectos comunitarios. Pero á vez buscamos que o compartir abra un espacio de creación, de facer nacer novas iniciativas. Un exemplo: a película que proxectamos o mes de abril falaba de experiencias de troco aparecidas en Arxentina durante a crise do 2002. No debate posterior xurdiu a proposta de colocar unha especie de taboleiro de anuncios nos locais das organizacións participantes, no que a xente puidese ofrecer cousas para trocar. 

Raquel González, voluntaria de Amarante, é unha das organizadoras do ciclo de cinema “Coñecer para cambiar” 



No hay comentarios:

Publicar un comentario