Philip Gröning precisou vinte anos para facer este filme sobre a Grande
Chartreuse, o mosteiro nai da orde dos Cartuxos. Con eses folgos non se
constrúe nin un currículo nin unha
carreira profesional, dirá moita xente. Pero é que O gran silencio é unha obra anti-currículo: o tempo non é aquí un
valor económico e productivo que se cuantifica, senón algo que vai fluíndo amodo,
onde vivimos sen guiarnos polo criterio da utilidade e miramos o mundo sen
tantos veos, con ollos máis limpos, onde somos quen de ver o silencio e de ver
a Deus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario